Ir ao contido
  • Español
  • Galego
  • Français
  • English
  • Português
Escríbeme

Información legal

Aviso legal

22 de outubro de 2026

Este aviso legal recolle os datos identificativos da titular deste sitio web e as condicións en que se ofrece, conforme ao artigo 10 da Lei 34/2002 de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI-CE).

Titular do sitio

Titular: Xenio Consulting & Trip S.L., sociedade de responsabilidade limitada con NIF B56900160 (VAT intracomunitario ESB56900160).

«Xenio Linguae» é un nome comercial de Xenio Consulting & Trip S.L. As clases e as traducións impárteas Cloé Dos Santos Filgueira.

Domicilio social: Lugar Pista de Merelle, 3, 15216 Lousame (A Coruña), España.

Datos rexistrais: inscrita no Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela, folla 53023. EUID: ES15028.000253725.

Correo electrónico de contacto: info [arroba] xeniolinguae.com

Obxecto

Este sitio web é informativo. Presenta os servizos de clases de idiomas, reforzo escolar e tradución, e ofrece un enderezo de correo para contactar. Non se venden produtos nin servizos a través del, non hai pasarela de pagamento e non existe rexistro de persoas usuarias.

Condicións de uso

O acceso a este sitio é libre e gratuíto. Ao utilizalo comprométeste a facelo conforme á lei e a non empregalo de xeito que poida danalo, inutilizalo ou impedir o seu uso normal por outras persoas.

Propiedade intelectual

Os textos, o deseño, o logotipo e as imaxes deste sitio pertencen á súa titular ou empréganse con autorización. Podes citalos indicando a fonte e ligando á páxina orixinal; a súa reprodución íntegra con fins comerciais require autorización previa.

Responsabilidade

A información ofrécese de boa fe e mantense actualizada na medida do posible, pero non se garante que estea libre de erros. Os niveis e servizos descritos poden cambiar. Este sitio non realiza peticións a servidores de terceiros, polo que non incorpora contidos externos do funcionamento dos cales non se poida responder.

Lexislación aplicable

Este aviso legal réxese pola lexislación española. Para calquera controversia derivada do uso do sitio serán competentes os xulgados e tribunais que correspondan conforme á normativa vixente.

Accesibilidade

Este sitio constrúese co obxectivo de cumprir as WCAG 2.2 en nivel AA. A declaración de accesibilidade detalla que se comprobou, que non, e como avisar dunha barreira.

Ver a declaración de accesibilidade

Desenvolvemento

Sitio deseñado e desenvolvido por Solvetus - Omnia solūta ábrese nunha lapela nova.

← Xenio Linguae — inicio

Clases de idiomas, reforzo escolar e traducións. Online ou presencial.

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Accesibilidade

© 2026 Xenio Linguae · Todos os dereitos reservados

Xenio Linguae é unha marca de Xenio Consulting & Trip S.L.