Ir ao contido
  • Español
  • Galego
  • Français
  • English
  • Português
Escríbeme

Información legal

Política de privacidade

22 de outubro de 2026

Esta política explica que ocorre cos teus datos cando escribes a Xenio Linguae. En resumo: este sitio non instala cookies, non usa analítica e non fai peticións a terceiros. O único que se trata é o correo que decidas enviar.

Responsable do tratamento

Responsable: Xenio Consulting & Trip S.L., NIF B56900160, titular do nome comercial Xenio Linguae.

Domicilio social: Lugar Pista de Merelle, 3, 15216 Lousame (A Coruña), España.

Correo de contacto: info [arroba] xeniolinguae.com

Que datos se tratan

Este sitio non ten formularios. Non se recolle ningún dato mentres navegas: non hai cookies, non hai analítica, non hai píxeles e non se carga nada desde servidores de terceiros.

Só se tratan os datos que ti incluas voluntariamente nun correo electrónico: o teu enderezo de correo, o teu nome se o indicas e o contido da túa mensaxe.

Finalidade e base xurídica

Finalidade: ler a túa mensaxe e responderche.

Base xurídica: o artigo 6.1.b do RXPD — a aplicación de medidas precontractuais a petición túa — cando preguntas por clases ou por unha tradución; o artigo 6.1.f, interese lexítimo en responder a quen nos escribe, nos demais casos.

Non se usan os teus datos para enviarche publicidade. Non se cede nin se vende información a ninguén.

Encargados do tratamento

Aloxamento: Cloudflare, Inc. presta o aloxamento e a rede de entrega deste sitio e, como parte diso, trata enderezos IP e metadatos das peticións ao servidor.

Correo electrónico: Microsoft 365 (Microsoft Ireland Operations Ltd.), co límite de datos da Unión Europea. O correo que envíes pasa pola súa infraestrutura para chegar á caixa de entrada.

Non se utiliza Google Analytics, nin redes publicitarias, nin contidos incrustados de redes sociais.

Conservación

As mensaxes consérvanse mentres dure a conversa e ata doce meses despois do último intercambio, agás que exista unha obriga legal de conservalas máis tempo. Despois elimínanse.

Os teus dereitos

Podes exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidade e oposición (artigos 15 a 21 do RXPD) escribindo a info [arroba] xeniolinguae.com. Responderáseche no prazo dun mes.

Reclamacións

Se consideras que os teus datos non se trataron correctamente, podes presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

Antes diso, podes escribir directamente a info [arroba] xeniolinguae.com: case todo se resolve así.

Axencia Española de Protección de Datos ábrese nunha lapela nova

Cookies e almacenamento local

Este sitio non instala ningunha cookie, nin propia nin de terceiros, e non garda nada no almacenamento local do teu navegador. Por iso non verás ningún aviso de cookies: non hai nada que consentir.

Seguridade

O sitio sérvese exclusivamente por HTTPS con transporte cifrado e unha política de seguridade de contidos estrita que impide a carga de recursos externos.

← Xenio Linguae — inicio

Clases de idiomas, reforzo escolar e traducións. Online ou presencial.

Legal

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Accesibilidade

© 2026 Xenio Linguae · Todos os dereitos reservados

Xenio Linguae é unha marca de Xenio Consulting & Trip S.L.